Mini guía para descubrir Trabada

Mini guía para descubrir Trabada

Trabada conta con numerosos atractivos para visitala. Non somos una zona rica únicamente en patrimonio natural, senon tamén en historia, cultura, artesanía,  espazos para o deporte, gastronomía e, incluso, en ornitoloxía.

Pero, ademáis, somos una zona con turismo versátil e adaptado ás novos xeitos de viaxar. Unha das tendencias máis destacadas e en crecemento de turismo é o de facelo en autocaravana ou furgoneta camperizada. Así o puidemos comprobar esta fin de semana na área recreativa de ría de Abres que amenceu ateigada de autocaravanas como publicamos no noso Instagram 

Xa dende hai uns anos vense consolidando esta práctica dun turismo máis independente e tamén de proximidade, sen necesidade de pernoitar nuns establecementos determinados ou atarse a un sitio concreto. As furgonetas camperizadas e as autocaravanas son perfectas para esa independencia que tanto ansía o turista de hoxe. Todo isto, beneficiado polo cambio de paradigma das tendencias turísticas que, cada vez máis, se interesan pola natureza. E se iso non abondase, a Covid, coas suas medidas de afastamento, deulle un impulso final apostando por este tipo de turismo covid-free.

Aquí queremos deixarvos unha pequeña guía de actividades e servizos para aqueles que queredes vir pola vosa conta coa vosa autocaravana ou furgoneta e descubrir a nosa zona.

Áreas recreativas

Para que poidades pasar un día de relax, a Trabada ten numerosas áreas recreativas como:

  • Área recreativa de A Choza (Ría de Abres)
  • Área recreativa da Belosiña
  • Área recreativa do Camiño de Santiago
  • Área recreativa do Picato
  • Área recreativa de A Cadeira
  • Área recreativa de Sante

Lugares que visitar

Historia

Lugares que visitar - Historia - Trabada

En Trabada a historia está por todas partes. Non podía ser doutro xeito xa que xa na idade de Ferro estaba habitada e iso sabémolo polas pegadas que aqueles habitantes deixaron coas mámoas. Ademáis, antes denominada “Tabulata”, o concello de Trabada conta con séculos de historia e xa aparece citado nun documento do ano 775. É por iso que existe un amplo patrimonio arqueolóxico que non deberíades deixar de visitar para tornar, de cando en vez, ao berce dos nosos devanceiros. Algúns dos vestixios do noso orixe máis lonxana que podes visitiar son:

  • Castros: Sante, Trabada e Vidal.
  • Mámoas:Pallaregas (Vidal) e Vilarbetote (Sante).
  • Xacementos:A Cadeira (Trabada) e a Pena Grabada de Vilaformán.
  • MenhirO Marco da Pena Verde Fórnea.

Pero con tanta historia tamén temos espazo para construcións e restos máis modernos:

  • O pazo de Terrafeita.
  • A casa Rigoio.
  • A ermida de San Martiño.
  • A igrexa de Santeque é unha das máis antigas do século XVI.
  • A Igrexa de Vilapena, que conta na súa capela maior cun fermoso retablo barroco recentemente restaurado e na nave esquerda con outro do século XVI.
  • A parroquial de Valboa, reformada en 1923, conserva dous retablos laterais do século XVII e a de Vilaformán outro de 1735.
  • A escultura pétrea de San Antón xunto co retablo maior, tamén recentemente restaurado, da capela de Vilafernando.
  • A cruz parroquiale a imaxe da Inmaculadaque alberga a igrexa de Trabada.Ademáis, percorrendo as rúas do noso concello podedes viaxar, por momentos, ao pasado, como se dunha realidade virtual se tratase xa que podedes ir vendo en varias casas famosos escudos familiares renacentistas dos séculos XVI e XVII pertencentes a familias nobres que habitaban en Trabada.
  • Museo Casa Rocha museo etnográfico, una viaxe ao pasado da man de utensilios de todo tipo. Tamén conta cun taller de artesanía, Casa do Cura, onde a esencia do traballo manual pasa a ser a principal protagonista desta agradable visita.

A cada paso, Trabada, recende historia.

Artesanía

Pero ademáis, o turismo en Trabada ten a súa propia esencia,  e a artesanía ten parte de culpa. Lucía Catuxo ten un taller no que ofrece una experiencia única na que poderedes visitalo e incluso facer algún curso ou taller se te animas. Un turismo artesanal único e afastados dos convencionalismos.

Artesanía en Trabada - Lucía Catuxo

Máis información en luciacatuxo@casadocura.es.

Natureza

Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Bourón

Neste apartado de natureza era obrigatorio que comezase por o recoñecemento que en 2007 otorgou a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) dentro do programa MaB (Home e Biosfera) o de “Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón”.É a primeira reserva impulsada de forma conxunta por dúas comunidades autónomas e que afecta a concellos asturianos e galegos, entre os que se atopa Trabada.

Dende logo, un lugar que non podedes deixar de visitar se vos queredes impregnar de plena natureza.

Fragas e bosques autóctonos

Fraga da Becerreira, a Fraga da Vilapena, a Fraga da Cabanelae a Fraga da Belosiña, son outras das paraxes naturais nas que vos podedes adentrar e concetar coa terra do xeito máis profundo.

Actividades

Aquí mostramos algunhas actividades deportivas que podedes facer e tamén unha pequena sorpresa.

Birding ou ornitoloxía

Lugares que visitar en Trabada - Actividades - Birding ou ornitoloxía

Esta proposta…non a agardábades. Non é o habitual que existan zonas delimitadas para este tipo de plans pero, na Trabada, imos a outro ritmo, non o podemos evitar.

É un plan ideal especialmente para aqueles que viaxedes en familia para aprender máis das aves que nos rodean. Podedes facelo na Ría de Abres, no último tramo do estuario do río Eo, onde a zona é predominantemente fluvial pero aínda con certa influencia mariña e hai unha pequena illa, habitada por chopos e carrizos, xusto no medio do estuario.

Na zona hai varios puntos de observación de aves e pasarelas que recorren a contorna, habitada principalmente por especies arbóreas como bidueiros, castiñeiros, carballos, nogais e piñeiros, que bordean os extensos e protexidos carrizais e xuncais da zona.  Nela poderás observar anátidas como a cerceta común ou o ánade azulón, limícolas, como o andarríos ou o corremuíños e pelecaniformes como o corvo mariño.

Sendeirismo e ciclismo

Para mover algo o corpo, citamos aquí algunhas das rutas ao voso alcance pero tedes máis información facendo click no título deste apartado. Ademáis existen diversas rutas BTT.

  • Vía verde(12 kms)
  • Ruta da fraga da Becerreira(6 kms)
  • Ruta da Fraga da Vilapena( 6 ou 10 kms, opcional)
  • Ruta do Vento(11kms)
  • Ruta da subida ao Picato(7 kms)
  • Ruta do Monte Roxal de Teixido(7,2 kms)

Canoa

Se o voso é o medio acuático e vos gustan as aventuras, Canoas do Eo é unha empresa de turismo activo situada en Trabada adicada ó descenso do río Eo que vos pode ofertar  este deporte tan relaxante ou dinámico,como escollades.
Podes elixir entre zonas tranquilas e tramos rápidos. Esta será unha experiencia divertida en medio da natureza, e puiendo contemplar a súa flora e fauna con amigos ou en familia.
Dispón de alugueiro de canoas de unha, dúas ou tres prazas, de fácil manexo, equipadas de pala, chaleco salvavidas e bidóne estanco.

Lugares donde comer

Pero non todo pode ser movemento e cultura. Para facer una parada na vosa viaxe e poder carregar forzas, tedes diversas opcións:

Aloxamento

E por se calquera imprevisto non vos permite durmir na vosa autocaravana ou, simplemente queredes descansar entre catro paredes, tamén tedes múltiples opcións.

  • Pazo de Terrafeita
  • Finca O Bizarro
  • Casa Carballeira
  • Casa Venancio
  • El Granero del Burro
  • Finca Landecoira
  • Casa Fidalgo
  • Casa Quitapenas
  • Casa Rubieira
  • Albergue Ría de Abres

Trabada, ten moito máis, e pouco a pouco iremosvos contando polo miúdo. Pero aquí vos deixamos esta pequena guía para se vos vaian ocurrindo plans para as vosas próximas viaxes. Na Trabada, sempre hai un recuncho para vos.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies