4 razóns polas que facer turismo rural en Trabada

4 razóns polas que facer turismo rural en Trabada

Existen unha infinidade de motivos polos que facer turismo rural en Trabada. Pero hoxe centrarémosnos en catro que consideramos de gran relevancia.

Dito isto, primeiro, para os que non coñezades o concello de Trabada, farémosvos unha breve presentación deste municipio situado na Mariña Lucense.

Atópase no límite nordeste da provincia de Lugo, dentro da comarca da Mariña Oriental. O concello está formado por oito parroquias: Ría de Abres, Fornea, Trabada, Sante, Valboa, Vidal, Vilaformán e Vila Pena; conta cunha poboación próxima ós 1.500 habitantes e está situado a uns 90 kilómetros de Lugo aproximadamente. Un lugar no que descansar, rodeado de marabillas naturais e preto dunha cidade patrimonio da Humanidade.

E agora comecemos coas 4 razóns polas que se recomenda facer turismo rural neste concello da Mariña lucense:

Un destino para desfrutar en familia

4 razóns polas que facer turismo rural en Trabada: un destino para desfrutar en familia

As opcións de ocio e turismo activo que nos ofrece Trabada son múltiples e variadas. Para desfrutar da súa contorna só, cos amigos ou en familia. Para os máis cativos e os maiores.

Destacar que no mes de xuño se celebra o Festival Eu Son Eo, un evento cultural que aglutina gastronomía, artesanía, natureza, cultura e música. Con actividades para toda a familia.

4 razóns polas que facer turismo rural en Trabada: un destino para toda a familia

Unha gastronomía tradicional de primeiro nivel

4 razóns polas que facer turismo rural en Trabada: gastronomía

A gastronomía deste municipio destaca especialmente pola calidade dos seus produtos e a súa elaboración tradicional. Isto repercute nun sabor natural que nos fai volver ás orixes. Agora ben, tamén deixando lugar a certa dose de innovación pero sen perder a esencia e as súas raíces.

Os pratos máis destacados da zona son o salmón, a troita e a enfariñada. Outros pratos da gastronomía tradicional galega tamén están moi presentes.

4 razóns polas que facer turismo rural en Trabada: gastronomía

Subliñar que dende este ano o seu prato máis típico, a Enfariñada, conta cunha festa gastronómica que se prevé alcance gran repercusión a nivel galego. A ocasión perfecta para achegarse a Trabada.

4 razóns polas que facer turismo rural en Trabada: festa gastronómica da Enfariñada

Natureza e turismo activo

4 razóns polas que facer turismo rural en Trabada: natureza e turismo activo

No referente á contorna, os espazos verdes e ás propostas de turismo activo polas que podemos optar en Trabada. Poderíase dicir que é un paraíso natural nese sentido.

Só polo feito de contar cunha Reserva da Biosfera tería un notable interese (Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón). Pero hai moito máis…

Pesca

4 razóns polas que facer turismo rural en Trabada: pesca

Os amantes da pesca non deberían dubidar nin un intre en visitar Trabada para desfrutar desta práctica deportiva de río. Pois é unha das zonas de pesca máis valoradas de Galicia.

Birding

4 razóns polas que facer turismo rural en Trabada: birding

Os apaixoados do avistamento de aves, teñen en Trabada un lugar no que gozar desta práactica. Nunha pequena illa, no centro do estuario do río Eo, habitan anátidas como a cerceta común ou o ánade azulón, limícolas, como o andarríos ou o corremuíños e pelecaniformes como o corvo mariño.

Descenso en canoa e rutas BTT

4 razóns polas que facer turismo rural en Trabada: descenso en canoa e rutas BTT

Outras das actividades maior éxito entre os visitantes (e os propios veciños) son o descenso en canoa polo río Eo e as rutas BTT.

Sendeirismo

4 razóns polas que facer turismo rural en Trabada: sendeirismo

Dispoñemos de cinco rutas de sendeirismo (Ruta do Vento, Ruta da subida ao Picato, Ruta do Monte Roxal Teixido, Ruta da Fraga da Vilapena e Ruta da Fraga da Becerreira) habilitadas para adentrarnos nas diversas fragas autóctonas do concello de Trabada e desta forma descubrir todos os encantos do “Camiño Natural”.

Para descansar lonxe do estrés da cidade

4 razóns polas que facer turismo rural en Trabada: descansar lonxe do estrés

Nun lugar con tanto natureza, afastado das grandes cidades e que conserva a tradición (apostando á vez pola innovación) é, sen dúbida, o lugar ideal para desconectar do estrés que produce a vida nas grandes cidades. Visita Trabada, descúbrea cos cinco sentidos e déixate sorprender.

E agora, xa tes claras as razóns polas que deberías facer turismo rural en Trabada?

Para ampliar información de interese, e facilitar a planificación da túa viaxe, nas seguintes ligazóns podes atopar diversos establecementos nos que aloxarte e nos que gozar da gastronomía local: Onde durmir e Onde comer.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies