5 razóns polas que facer o Camiño Norte

5 razóns polas que facer o Camiño Norte

Existen numerosos motivos polos que facer o Camiño Norte. Pero nesta ocasión vamos a destacar 5 razóns que consideramos de gran relevancia á hora de escoller a ruta coa que realizar o Camiño de Santiago.

Principais motivos polos que facer o Camiño Norte (Camiño de Santiago)

Menos masificado

5 razóns polas que facer o Camiño Norte - Menos masificado

Unha alternativa moito menos masificada que o Camiño Francés e que permite desfrutar da experiencia sen grandes aglomeracións e dunha forma máis relaxada.

Paisaxes de gran beleza natural

5 razóns polas que facer o Camiño Norte - Paisaxes de gran beleza natural

Os lugares que percorre o Camiño Norte son dunha beleza fascinante.  A conexión coa natureza crea unha sensación indescritíbel que merece ser vivida.

Un clima suave

5 razóns polas que facer o Camiño Norte - Clima suave

A diferencia dalgúns tramos doutras rutas do Camiño de Santiago, o Camiño Norte pasa por diferentes lugares do norte peninsular que posúen un clima moi suave. Ideal para gozar do Camiño en verán sen temperaturas excesivamente elevadas.

A gastronomía

5 razóns polas que facer o Camiño Norte - A gastronomía

Que dicir da gastronomía… tanto na parte asturiana, como na galega, os pratos típicos son verdadeiros manxares. Non podedes pasar por Trabada sen degustar a enfariñada ou un bo salmón.

Descubrir Trabada

5 razóns polas que facer o Camiño Norte - Descubrir Trabada

Continuando co punto anterior… Trabada posúe un gran atractivo. O corazón da Mariña Lucense. Patrimonio histórico, natural, rutas de sendeirismo, actividades de turismo activo, rutas de artesanía… son moitas e variadas as posibilidades que nos ofrece.

Máis información sobre o Camiño Norte

O Camiño Norte, percorre as terras de Trabada, sendo un dos camiños máis antigos e a opción elixida por aqueles peregrinos que non podían pagar o paso da ría en barca de Asturias a Galicia (Ribadeo).

Etapa 1: Desde Tol (Castropol) a Vegadeo / A Veiga

O Camiño que dende Tol (Castropol) se dirixe hacia Lantoira e A Veiga/Vegadeo é considerado o camiño oficial e trátase da ruta máis antiga de peregrinos e viaxeiros para pasar de Asturias a Galicia. Principalmente porque antigamente era a única opción de facer o Camiño a pé, xa que para chegar a Ribadeo era preciso cruzar a ría en barca.

Etapa 2: De Vegadeo / A Veiga a Trabada

Os peregrinos que entran a Galicia a través da ruta máis antiga, que veñen de Asturias polo Camiño do Norte, fano por Trabada, despois de cruzar o Río Eo na parroquia de Ría de Abres pola ponte do Fornacho. Dende a Ría de Abres, os peregrinos camiñarán hacia Sante, e dende alí ata Trabada, os peregrinos camiñarán por sendeiros de terra podendo disfrutar dunha espectacular paisaxe de ribeira.

Etapa 3: De Trabada a Mondoñedo

Os peregrinos que saen de Trabada siguen por Muín Queimado o camiño que vai hacia o oeste polo val do Rego de Trabada. Na Trapa desviaranse para subir a montaña ata chegar ao Alto da Cadeira, e dende alí baixar ata a Fortaleza de Tovar, no Val de Lourenzá, para continuar ata Mondoñedo, antiga capital do Reino de Galicia.

O Camiño Norte ao seu paso por Trabada

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies