Bases legais

Organización

Turismo de Trabada organiza o sorteo de 2 cuncas oficiais da III Festa da Enfariñada.

Participantes e como participar

Poderá participar calquera persoa residente en España que responda á pregunta «A ti como che gusta máis a Enfariñada?» en calquera das publicacións e stories realizados en redes sociais.

Prazo de validez do sorteo

O sorteo estará activo ata o domingo 1 de maio ás 23:59 horas.

Data de publicación das persoas ganadoras

Seleccionaremos 2 persoas ganadoras a través da web Sortea2 e anunciarase nas redes sociais de Turismo de Trabada o 2 de maio do 2022.

Entrega do premio

As persoas premiadas deberán poñerse en contacto con Turismo de Trabada a través das súas redes sociais; facilitándonos un teléfono para poñernos en contacto e xestionar a entrega do premio.

Cláusulas específicas

Aceptación das bases

A participación no sorteo supón a aceptación expresa do participante das bases do sorteo, así como do clausulado. O incumprimento de calquera destas bases por parte do participante, determinará a súa descalificación.

Protección de Datos

Os datos dos participantes trataranse conforme ás disposicións do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das personas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais. A indicación dos datos persoais do ganador terá carácter obrigatorio para a xestión do premio.

Funcionamento do concurso

Turismo de Trabada resérvase o dereito a modificar algunha cláusula ou condicións do sorteo, sempre e cando se deba a un funcionamento incorrecto do mesmo e que o obxectivo sexa correxilo. Facebook e Instagram non patrocinan, nin avalan, nin administran, nin están asociados de forma algunha con este sorteo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies