Camiño de Santiago

Tramo histórico do Camiño Norte:
O Camiño Antigo e Orixinal

O denominado Camiño Norte, antigo camiño Norte, percorre as terras de Trabada, sendo un dos camiños máis antigos e a opción elixida por aqueles peregrinos que non podían pagar o paso da ría en barca de Asturias a Galicia (Ribadeo).

A etapa Vegadeo-Trabada-Mondoñedo, é a opción máis recomendable para aquelas persoas que busquen tranquilidade.

O Antigo Camiño do Norte, sen dúbida, é un dos máis fermosos, nunha contorna natural de pistas forestais e montes onde a natureza é o maior aliado e compañeiro de viaxe do peregrino. Viaxar, coñecer, descubrir, compartir… sentir; son sensacións e sentimentos que esta etapa do camiño sen dúbida aporta, rodeados da súa amable xente e paisaxes idílicos.

Etapa 1: Desde Tol (Castropol) a Vegadeo / A Veiga

O Camiño que dende Tol (Castropol) se dirixe hacia Lantoira e A Veiga/Vegadeo é considerado o camiño oficial e trátase da ruta máis antiga de peregrinos e viaxeiros para pasar de Asturias a Galicia. Principalmente porque antigamente era a única opción de facer o Camiño a pé, xa que  para chegar a Ribadeo era preciso cruzar a ría en barca.

Etapa 2: De Vegadeo / A Veiga a Trabada

Os peregrinos que entran a Galicia a través da ruta máis antiga, que veñen de Asturias polo Camiño do Norte, fano por Trabada, despois de cruzar o Río Eo na parroquia de Ría de Abres pola ponte do Fornacho. Dende a Ría de Abres, os peregrinos camiñarán hacia Sante, e dende alí ata Trabada, os peregrinos camiñarán por sendeiros de terra podendo disfrutar dunha espectacular paisaxe de ribeira.

Etapa 3: De Trabada a Mondoñedo

Os peregrinos que saen de Trabada siguen por Muín Queimado o camiño que vai hacia o oeste polo val do Rego de Trabada. Na Trapa desviaranse para subir a montaña ata chegar ao Alto da Cadeira, e dende alí baixar ata  a Fortaleza de Tovar, no Val de Lourenzá,  para continuar ata Mondoñedo, antiga capital do Reino de Galicia.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies