A II Festa Gastronómica da Enfariñada fusiona música, artesanía e gastronomía

A II Festa Gastronómica da Enfariñada fusiona música, artesanía e gastronomía

O vindeiro 5 de maio Trabada acolle unha das citas gastro-culturais máis importantes da Mariña Lucense. Celebramos a II Festa Gastronómica da Enfariñada, unha xornada na que a música, a artesanía e a gastronomía se integrarán nunha mesma celebración para desfrute de todos os visitantes.

Pola mañá, a partir das 12:00 horas, terá lugar unha demostración de restauración-torno da man de Vicente Ledo; ás 12:30 actuará o Cuarteto Tradicional Illa Pancha, ás 13:30 Airiños da Freba e de forma simultánea o público poderá percorrer o Mercado de produtos locais de artesanía ou desfrutar do produto estrela: a Enfariñada. Chegadas as 16:30 actuará Susana Seivane, unha das artistas galegas de maior prestixio internacional.

Cartel da II Festa Gastronómica da Enfariñada

II Festa Gastronómica da Enfariñada

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies