A II Festa Gastronómica da Enfariñada fusiona música, artesanía e gastronomía
O vindeiro 5 de maio Trabada acolle unha das citas gastro-culturais máis importantes da Mariña Lucense. Celebramos a II Festa Gastronómica da Enfariñada, unha xornada na que a música, a artesanía e a gastronomía se integrarán nunha mesma celebración para desfrute de todos os visitantes.
Pola mañá, a partir das 12:00 horas, terá lugar unha demostración de restauración-torno da man de Vicente Ledo; ás 12:30 actuará o Cuarteto Tradicional Illa Pancha, ás 13:30 Airiños da Freba e de forma simultánea o público poderá percorrer o Mercado de produtos locais de artesanía ou desfrutar do produto estrela: a Enfariñada. Chegadas as 16:30 actuará Susana Seivane, unha das artistas galegas de maior prestixio internacional.