Inmersión na natureza

Dentro da súa extensión de 82km cadrados, Trabada encerra unha gran variedade xeográfica que vai dende o nivel do mar na Ría de Abres, ata onde chega a influencia das mareas do Cantábrico, ata os montes Picato (743m) ou Cerrochán (776metros) que marcan a cima de toda a comarca.

//turismo.trabada.es/wp-content/uploads/2018/03/inmersion1.jpg

 

Os bosques autóctonos e fragas de Trabada son espacios naturais de enorme interese ecolóxico, nas que se poden admirar moitas especies de fauna e flora autóctona, como na Fraga da Becerreira (Trabada 100 hectáreas), Fraga da Vilapena (Vilapena 140 hectáreas), Fraga de Cabanela (Vilaformán 110 hectáreas) ou Fraga da Belosiña (Trabada 6 hectáreas).

Esta contorna natural converte a Trabada nun referente de turismo rural e de natureza.

//turismo.trabada.es/wp-content/uploads/2018/03/imersion2.jpg

Outros dos seus encantos son o paso do Camiño de Santiago, as rutas de sendeirismo ou as diferentes áreas recreativas como “A Choza” á beira do río Eo na Ría de Abres, co seu observatorio de aves e o embarcadoiro.

Descender o río Eo en canoa, facer cicloturismo BTT, gozar dunha xornada nas nosas áreas recreativas, desfrutar da caza rodeado dunha natureza única ou montar a cabalo… son algunhas das actividades que se poden levar a cabo en Trabada en plena natureza.

Descenso en Canoa

O río Eo é un río salmoneiro sen regular (sen perigo de encoros) de augas limpas e nunha contorna de flora e fauna moi variados digno de documental.

Sen masificación de xente nin manipulación da contorna, elementos que potencian o atractivo destas actividades.

//turismo.trabada.es/wp-content/uploads/2018/03/inmersion3.jpg

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies