Por que visitar A Mariña Lucense en agosto

Por que visitar A Mariña Lucense en agosto

Por que visitar A Mariña Lucense en agosto

A Mariña Lucense, na que está situada o concello de Trabada, é unha das zonas de maior interese turístico de Galicia. E non faltan razóns… un paraíso natural cun clima suave e agradable.

Por iso, son moitos os turistas que deciden visitar o norte da provincia de Lugo durante o mes de agosto.

Razón climatolóxica: un clima moi agradable

Por que visitar A Mariña Lucense en agosto: un clima moi agradable

Gozar do mes de agosto cun bo clima, pero sen unha calor abafante, é posible na Mariña Lucense. Poderás descubrir lugares únicos, desfrutar de ríos e praias, dunha forma cómoda e agradable.

Unha gastronomía tradicional innovadora

Por que visitar A Mariña Lucense en agosto: unha gastronomía tradicional e innovadora

A gastronomía é, sen dúbida, outro dos grandes atractivos da Mariña Lucense. Moi rica en pratos de río e mar (salmón, troita, merluza, berberechos, mexillón, coquina, bonito, polbo… e postres típicos como a enfariñada) e montaña (agrícolas e gandeiros).

Motivo polo cal son numerosas as festas de exaltación gastronómica nesta comarca. Todas elas de recoñecido prestixio.

Os seus emblemas naturais

Por que visitar A Mariña Lucense en agosto: os seus emblemas naturais

A Mariña Lucense é natureza. Así se podería definir. Pois a súa contorna está repleta de monumentos naturais como a Praia das Catedrais, a Cova do Rei Cintolo, a Serra do Xistral, Illa Pancha, o Cabo de Estaca de Bares, a Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón…

Se buscas natureza, tes que visitar a Mariña Lucense.

Turismo slow

Por que visitar A Mariña Lucense en agosto: turismo slow

Actualmente son moitas as persoas que optan por practicar turismo dunha forma diferente. Co plantexamento inicial de que as actividades realmente interesantes desfrútanse máis se se realizan dunha forma pausada. Saborealas con lentitude. Por iso xurde o turismo slow. Unha forma de coñecer destinos de forma relaxada, afastada do estrés de zonas moi concorridas e urbanas.

Nese sentido, A Mariña Lucense convírtese no lugar ideal.

E, sendo máis específicos, por que visitar Trabada en agosto

Por que visitar Trabada en agosto

Gran ubicación

Visitando Trabada poderás gozar de todos os puntos xa mencionados. E non só iso. Dende este concello da Mariña Lucense terás moi preto o interior da provincia de Lugo e a comunidade asturiana.

Destino rural por excelencia

Trabada é un dos pobos con maior encanto rural da Mariña e de toda a provincia de Lugo. Con diferentes actividades e opcións para desfrutar dunha escapada de fin de semana ou varios días.

O paraíso dos amantes do sendeirismo e a natureza

A práctica do sendeirismo é outro dos grandes elementos de interese que atraen ós visitantes a Trabada. Dispoñendo de cinco rutas de sendeirismo (Ruta do Vento, Ruta da subida ao Picato, Ruta do Monte Roxal Teixido, Ruta da Fraga da Vilapena e Ruta da Fraga da Becerreira) habilitadas e numerosos recunchos naturais de gran beleza.

Outra información de interese:

Onde comer en Trabada

Onde aloxarse en Trabada

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: