Que ver e que facer este verán nun concello da Mariña como Trabada

Que ver e que facer este verán nun concello da Mariña como Trabada

Visitar un concello da Mariña Lucense como Trabada sempre ten un atractivo especial. Ademais, a cantidade de recursos que podemos ver e, as actividades que podemos desfrutar, son moi numerosas e para toda a familia.

Que ver en Trabada este verán

Que ver este verán nun concello da Mariña como Trabada

Arqueoloxía de gran interese

As Parallegas e de Vilarbetote

As mámoas das Pallaregas (Vidal) e de Vilarbetote (Sante) son testemuñas directas da historia.

Os xacementos de A Cadeira e a Pena Grabada de Vilaformán

Os xacementos de A Cadeira (Trabada) e a Pena Grabada de Vilaformán tamén son reflexo da nosa historia e de gran interese para todas aquelas persoas apaixoadas da arqueoloxía.

Castros

Tamén contamos con 3 castros: o de Trabada, Sante e Vidal.

O Marco da Pena Verde

Pero, sen lugar a dúbidas,  o menhir do Marco da Pena Verde (Fórnea) é o vestixio arqueolóxico máis coñecido do noso concello.

Arte e historia

Que ver en Trabada este verán - Arte e historia

Tampouco podemos esquecer igrexas como a de Sante (unha das máis antigas do século XVI), a de Vilapena, que conta na súa capela maior cun fermoso retablo barroco recentemente restaurado e na nave esquerda con outro do século XVI. A parroquial de Valboa, reformada en 1923, conserva dous retablos laterais do século XVII e a de Vilaformán outro de 1735. Así como a escultura pétrea de San Antón xunto co retablo maior, tamén recentemente restaurado, da capela de Vilafernando e a cruz parroquial e a imaxe da Inmaculada que alberga a igrexa de Trabada.

Outros edificios de gran valor histórico son o pazo de Terrafeita (Trabada), casa de Rigoio (Sante) ou a ermida de San Martiño.

Museo da Rocha

Un museo etnográfico que conta con numerosos utensilios de todo tipo con moitas décadas de antigüidade.

Que facer en Trabada este verán

Que facer este verán nun concello da Mariña como Trabada

Deixarse levar polo turismo slow nun entorno natural

Sentirse ben con un mesmo no lugar no que está, conectar de verdade para desconectar… é algo que non se pode facer en todos os destinos. Sen embargo, Trabada é o lugar ideal para desfrutar dunha forma diferente.

Conta con máis de 350 hectáreas de bosques autóctonos conformados pola Fraga da Becerreira, a Fraga da Vilapena, a Fraga da Cabanela e a Fraga da Belosiña; e a Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón, a primeira reserva impulsada de forma conxunta por dúas comunidades autónomas (Galicia e Asturias) transcorre por Trabada.

Gozar dun destino pouco masificado

Que facer en Trabada este verán - Un destino pouco masificado

Relacionado tamén co punto anterior, Trabada non aposta por un turismo masificado e de pouca calidade. Todo o contrario.

Saborear a gastronomía tradicional galega

Que facer en Trabada este verán - Gastronomía galega

Un dos grandes atractivos do concello é a súa gastronomía, focalizada no produto tradicional galego e peixes como a troita ou o salmón. Tampouco podes deixar Trabada sen probar o seu prato estrela, a Enfariñada.

O corazón da Mariña Lucense

Outro dos puntos fortes deste municipio do norte da provincia de Lugo, é a súa contorna. Forma parte da Mariña Lucense e está situado no centro desta mancomunidade. É dicir, dende Trabada poderás visitar comodamente outros moitos concellos.

Sendeirismo

Que facer este verán nun concello da Mariña como Trabada - Sendeirismo

Un territorio que dispón de 5 rutas de sendeirismo. Todas diferentes (en extensión ou dificultade) pero con algo en común, a beleza das paraxes que percorren.

Máis información.

Múltiples actividades de ocio e turismo activo

Que facer este verán nun concello da Mariña como Trabada - Actividades

Calendario de actividades

Ao longo das próximas semanas publicaremos as diferentes actividades de ocio que se organizarán en Trabada durante os meses de xullo e agosto. Serán diversas e para toda a familia.

Birding

Os amantes do avistamento de aves están de sorte; gozarán observando numerosas aves na Zona de Especial Conservación (ZEC).

BTT

Descubrir lugares máxicos en a través de rutas BTT é unha opción moi recomendable.

Descenso en canoa polo río Eo

E que dicir dos descensos en canoa polo río Eo, unha actividade realmente marabillosa para sentir a natureza dunha forma especial.

Meréceste algo bo… este verán visita Trabada e conecta co que importa de verdade

Neste vídeo, da campaña «Te mereces algo bueno» móstrase perfectamente porque visitar Trabada é algo especial…

Onde comer e aloxarse en Trabada

Onde comer en Trabada

Onde aloxarse en Trabada

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies