Ruta do Monte Roxal Teixido

http://turismo.trabada.es/wp-content/uploads/2022/11/ruta-roxal-teixido-1300x500.jpg

É unha das 5 rutas que se poden facer en Trabada. Conta cunha variada gama de paisaxes onde o visitante entra en contacto cos distintos usos do solo presentes en territorio galego.

Comeza no mesmo punto onde comeza a PR-G 81 Ruta da Fraga da Becerreira, nun pequeno desvío na estrada LU-P-55-06, a uns 2,5 kilómetros da oficina de turismo do Concello, dirección Riotorto.

http://turismo.trabada.es/wp-content/uploads/2022/11/ruta-monte-roxal-teixido-1-500x500.jpg

O primeiro tramo ascende ó longo do bosque de frondosas xunto ó río. O primeiro kilómetro do percorrido recórrese por unha pista forestal durante un kilómetro, ata entrar no bosque. Os seguintes dous kilómetros son de ascensión, de unha dificultade media-baixa, a través da parte baixa da fraga da Becerreira ata chegar ás Liñeiras, cruzando a estrada de novo para encarar xa a baixada.

Esta primeira metade da ruta é practicamente igual a da PR-G 81 Ruta da Fraga da Becerreira, outra das rutas do Concello, separándose aproximadamente no kilómetro 2,600 da ruta.

Unha vez cruzada a estrada, despois de pasar o refuxio, encárase o monte chamado As Liñeiras. A partir deste punto, a ruta transcorrerá ata o final por pistas forestais amplas (tipo pistas do aparcelamento). Entrase en contacto con ecosistemas de orixe antrópico, relacionados cos aproveitamentos forestais de masas de piñeiros, acacias e eucaliptos.

Unha vez que se chega a Fraga de Teixido, arredor do kilómetro 5 da ruta, avánzase ó carón do rego dos Navais, acompañados pola vexetación típica de ribeira, bidueiros, freixos, arandos, espiños e ameneiros.

http://turismo.trabada.es/wp-content/uploads/2022/11/ruta-monte-roxal-teixido-2-500x500.jpg
http://turismo.trabada.es/wp-content/uploads/2022/11/ruta-roxal-teixido-transicion-1000x330.jpg



Ao remate do percorrido, atoparémonos con parcelas adicadas ó aproveitamento do eucalipto, prados e cultivos.

http://turismo.trabada.es/wp-content/uploads/2022/11/parametros-ruta-roxal-teixido-ok-1200x400.jpg

Ruta

Powered by Wikiloc

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies