Autocaravana e camper en Trabada

Imaxe da nosa área de autocaravanas

Imaxe da nosa área de autocaravanas

Dende que o Covid apareceu na nosa vida, vímonos obrigados a cambiar moitos dos nosos hábitos. Un dos grandes dilemas foi atopar novos xeitos de viaxar.

As viaxes en grupo quedan apartadas. De facerse, fanse en grupos pechados e evitando contacto con outros alleos a el.

A todos estes novos xeitos de viaxar Covid-free atenden as autocaravanas e campers.

Por que viaxar en camper ou autocaravana?

É o xeito máis libre e seguro de viaxar tras a pandemia.

En Trabada sabémolo e, por iso, contamos cunha área de autocaravanas e outros atractivos para que poidas visitar e airearte nun ambiente afastado das aglomeracións.

Lugares nos que descansar na túa viaxe en camper ou autocaravana

Despois de pasar pola nosa área de autocaravanas para que poidas descansar sen problema, podes mergullarte noutras zonas de Trabada para descubrir un pouco máis de nós.

En Trabada contamos con numerosas áreas recreativas que podes visitar para aproveitar o seu ambiente relaxado. Nelas non podes durmir nin acampar pero podes achegarte para gozar dos seus atractivos.

Nelas podes facer un alto na túa viaxe e respirar algo de aire fresco.

Cada unha é distinta e responde a cada unha das túas necesidades:

A área recreativa de A Choza achégate a adentrarte en toda unha experiencia para poder coñecer aa Ría de Abres e repousar nun ambiente tan idílico.

Pero hai moitas máis, como a área recreativa da Belosiña cun gran merendeiro onde poder comer e relaxarte nun ambiente rodeado de natureza, río e muíños.

A área do Camiño de Santiago, por se precisas facer unha parada no camiño preto da estrada.

A área recreativa de O Picato, se prefires afastarte a unha zona máis alta e gozar dun ambiente de monte alto onde poderás, ademais, facer rutas de sendeirismo.

No alto, tamén se atopa a área recreativa de A Cadeira na que poderás ver a ermida de San Marcos.

Por último, a área recreativa de Sante máis familiar e que conta cun parque infantil por se os pequenos precisan algo de xogo despois de tanto percorrido 🙂

Que ver e visitar en Trabada

Ademais de poder aproveitar todas as áreas recreativas das que acabamos de falar, tamén poderás visitar lugares históricos, facer deporte e incluso aprender artesanía.

Deixámosche esta miniguía para que teñas o resumo de que podes facer unha vez esteas aquí.

Camiño de Santiago en camper ou autocaravana en Trabada

Camiño de Santiago en camper ou autocaravana en Trabada

Non esquezas que, ademais, o Camiño de Santiago do Norte pasa por Trabada. Daquela, se estás facendo o Camiño, aquí atoparás un albergue para poder asearte e incluso durmir.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies