Visita trabada

Para coñecer Trabada en toda a súa esencia hai que sentila, vivila, saboreala, namorarse dos seus sons… deixarse sorprender. Agocha experiencias únicas.

Se che formulasen a pregunta “De que cor é Trabada?”, seguramente contestarías coa palabra “VERDE”. Trabada é ante todo natureza, quedando esta patente sobre todo nas súas paisaxes e intensas cores.

Trabada ofrece numerosas posibilidades para desfrutar e interactuar coa súa verde contorna, con actividades que van dende as más activas, ás máis tranquilas e familiares. Unha ampla oferta, para desfrutar só ou en compañía, que te somerxerá nun paraíso natural engaiolante.

Peregrinar polo Camiño de Santiago, pasear polas súas fragas e sendeiros verdes, respirar a Reserva da Biosfera do río Eo, Oscos e Terras de Burón, observar as aves nas súas migracións na Zona de Especial Conservación (ZEC) do río Eo, pedalear polas súas verdes paisaxes ou gozar dun magnífico paseo en canoa polo río Eo, son algunhas das actividades que che propoñemos para sentila. Anímaste?

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies